saltar ao contido

O Parlamento de Galicia reafirma a obriga de uso institucional dos recursos da Cámara

• Aclara que os medios da institución están ao servizo da actividade parlamentaria e non para reproducir convocatorias de manifestacións

Santiago, 27 de abril de 2012.- Logo da cuestión de orde formulada esta mañá en Comisión polo deputado do BNG Bieito Lobeira, compre aclarar que ese deputado solicitou onte ao Gabinete da Presidencia “poder imprimir en tamaño A3” os arquivos denominados “Convocatoria marcha” e “pantallazo colas marcha”.
O Parlamento de Galicia recorda que o BNG dispón, ao igual que os restantes grupos da Cámara, de fotocopiadora e impresoras, e ademais recibe unha asignación económica para financiar os seus traballos parlamentarios.

O Gabinete da Presidencia non está para facer fotocopias de convocatorias de manifestacións, ou outras, na medida en que constitúe un labor alleo á actividade institucional da Cámara.

A Presidencia do Parlamento de Galicia garante, como veu facendo ata o de agora, o uso institucional e non partidista dos medios da Cámara, que están ao servizo do traballo propio da institución.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina