• Os comentarios recibidos son trasladados aos integrantes de cada unha das ponencias a través dos servizos xurídicos
• Publícanse todos os comentarios, agás os de carácter ofensivo ou os enviados sen remitente
• Pilar Rojo anima aos cidadáns a utilizar esta ferramenta que achega o labor da Cámara lexislativa ao conxunto da sociedade
Santiago, 29 de abril de 2012.- A páxina web do Parlamento de Galicia ofrece actualmente a posibilidade de que que calquera cidadán poda efectuar comentarios ou suxestións en relación co contido dos sete proxectos lexislativos que se atopan en tramitación na actualidade.
Todos os comentarios son publicados, agás os de carácter ofensivo ou os que sexan enviados sen remitente.
Na actualidade, a web do lexislativo galego ofrece aos cidadáns o contidos dos seguintes proxectos lexislativos:
• Proxecto de lei de vivenda de Galicia
• Proxecto de lei de xuventude de Galicia
• Proxecto de lei de montes de Galicia
• Proxecto de lei de bibliotecas de Galicia
• Proposición de lei de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e Finanzas
• Proposición de lei de montes veciñais en man común
• Proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular para a creación e regulación da área metropolitana de Vigo
Rojo anima a participar
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, anima aos cidadáns a utilizar esta posibilidade que ofrece a web da Cámara para consultar os contidos das propostas lexislativas que se atopan en fase de tramitación e a participar enviando propostas ou opinións que serán finalmente postas a disposición dos lexisladores.
A xuízo de Rojo Noguera, esta ferramenta contribúe a achegar o labor da Cámara ao conxunto da sociedade, dinamizanzo a relación entre o poder lexislativo e os cidadáns.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia