O Parlamento de Galicia elixe tres vogais do Consello Social da Universidade da Coruña e un da Universidade de Santiago de Compostela

Santiago, 22 de maio de 2012.- O Pleno do Parlamento de Galicia renovou esta mañá tres vogais do Consello Social da Universidade da Coruña e un vogal do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta dos grupos parlamentarios, en representación dos intereses sociais por designación da Cámara galega.
 
Os vogais dos consellos sociais elixidos hoxe polo Pleno do Parlamento de Galicia son os seguintes:
 
Universidade da Coruña
Por proposta do G.P. Popular de Galicia:
• Lustres Gómez, dona Emma
• González-Rosón Flores, dona Carmen
 
Por proposta do G.P. do Bloque Nacionalista Galego:
• Salgueiro Armada, don Andrés Vicente
 
Universidade de Santiago de Compostela
Por proposta do G.P. do Bloque Nacionalista Galego:
• Couceiro Rivas, don Jesús
 

 

Imaxes relacionadas