A presidenta do Parlamento de Galicia asistiu este mércores, 25 de xullo, á Ofrenda Nacional ao Apóstolo na Catedral de Santiago de Compostela. Dentro da axenda de actos habituais neste día de Galicia, Pilar Rojo Noguera acudiu tamén ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2012, que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.