saltar ao contido

A presidenta do Parlamento traslada a súa condolencia á familia de José Antonio Orza

Santiago, 29 de outubro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, trasladou esta maña a  súa condolencia á familia do ex-conselleiro de Economía e Facenda da Xunta e conselleiro do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Orza Fernández, falecido hoxe.
 
En opinión de Pilar Rojo, con José Antonio Orza desaparece unha boa parte da memoria económica e financeira de Galicia, á que serviu con lealdade e entrega absoluta desde os diferentes cometidos que lle tocou desempeñar ao longo da súa dilatada traxectoria profesional.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina