saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de febreiro de 2013


Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia  o 13 de febreiro de 2013

 
5.3 1304 (09/PNP-000093)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre a rebaixa de tarifas nas peaxes da AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 19.12.2012
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
• Reducir de forma preferente as tarifas para as persoas que por razóns de traballo as utilizan con maior frecuencia con percorridos de ida e volta no mesmo día.
• Reducir de forma preferente as tarifas nos tramos que ten un prezo por quilómetro superior á media da autoestrada, en especial o tramo entre Vigo e Pontevedra” .
 
 
5.7 2350 (09/PNP-000180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel, e catro máis
Sobre a elaboración e a implementación dunha estratexia de atención ao paciente crónico adaptada á realidade e ás necesidades de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
1.- Que elabore unha estratexia de atención ao paciente crónico.
2.-  Que    realice   as   actividades    necesarias    para   a   súa implementación no menor tempo posible".

5.8 2386 (09/PNP-000187)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel, e catro máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa normativa estatal vixente en materia de asignación de tripulacións mínimas, así como coa diversidade de esixencias legais existente entre os distintos países da Unión Europea e dentro da Organización Marítima Internacional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que apoie expresamente, diante das institucións estatais e europeas competentes, as recorrentes reivindicacións do sector pesqueiro galego, e a que realice todas as xestións que procedan co fin de lograr:
1.-   Que se proceda á revisión da normativa vixente sobre asignación de tripulacións mínimas, á que fai referencia a Orde Ministerial de 1964, de tal xeito que reflicta a actual situación tecnolóxica da frota e se adecúe co actual sistema de formación profesional dos tripulantes.
2.-   Que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario, de tal xeito que a diversidade na atribución de competencias entre os distintos postos do escala, nos diversos países membros da Unión Europea, non constitúan unha competencia desleal da que saian prexudicados os barcos españois.
3.-   Que se realice un estudo sobre a posibilidade de establecer un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico-pesqueiros para todos os países de Europa e, ao mesmo tempo, homologables dentro da Organización Marítima Internacional".
 
 
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina