Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de marzo de 2013

 4.2 1925 (09/PNP-000165)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe impulsar a Xunta de Galicia en relación coa situación das empregadas do fogar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 23.01.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego:
 
1. Á revisión dos procesos e simplificación dos trámites no emprego do fogar, posibilitando as xestións a través da internet. Para facilitar estes procesos o Servizo Público de Emprego de Galicia desenvolverá programas de asesoramento no empregro do fogar.
 
2. A realizar un estudo sociolaboral e económico sobre a situación do emprego no fogar en Galicia.
 
3. A programar cursos de formación destinados a mellorar a empregabilidade dos traballadores e traballadoras do fogar; estes cursos estarán vinculados a unha formación certificable e de calidade>>.
 
4. A realizar actuacións transversais que contribúan á dignificación desta profesión.
 
 
4.3 2388 (09/PNP-000188)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia á Unión Europea en relación coa  inclusión do porto de Vigo, como porto nodal, dentro do Regulamento Europeo para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transportes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar:
 
1. Á Unión Europea que se faga todo o necesario para que o porto de Vigo sexa incluído como porto nodal (Core Network) na Rede Transeuropea de Transporte e que apareza así incluído no Regulamento europeo para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transportes (RTE-T).
 
2. Ao Goberno do Estado a defender a inclusión do porto de Vigo, como porto nodal, na Rede transeuropea de Transportes».
  
4.7 4016 (09/PNP-000288)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez González, Román e 6 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de deixar sen efecto o proxecto de construción dun complexo ambiental no sur de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 60, do 28.02.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a facer efectiva a modificación do Plan galego de xestión de residuos urbanos 2010-2020, coa finalidade de deixar sen efecto a previsión da construción dun complexo ambiental no sur de Galicia».
 
 

Imaxes relacionadas