A Mesa do Parlamento acorda a publicación das declaracións de bens dos deputados

 
Santiago, 25 de marzo de 2013.- A Mesa do Parlamento de Galicia acordou, na súa reunión desta tarde, a publicación das declaracións de bens e de rendas  presentadas polos deputados e deputadas. A publicación efectuarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na web institucional da Cámara.
 
Dase cumprimento, deste xeito, ao acordo da Mesa e Xunta de Portavoces do pasado 21 de febreiro, na que se abriu un prazo para a presentación de declaracións que rematou o pasado sábado, 23 de marzo.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas