Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 24 de abril de 2013

 
4.1 - 2352 (09/PNP-000182)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e catro deputados máis
Sobre a elaboración e a posta en marcha pola Xunta de Galicia dun plan de loita contra a obesidade infantil
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Que se elabore e poña en marcha un plan de loita contra a obesidade infantil, aliñado coa estratexia da Organización Mundial da Saúde, a Unión Europea e o Goberno do Estado, que, liderado pola Consellería de Sanidade e coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia que sexa preciso, permita garantir o mellor nivel de saúde presente e futura dos nosos nenos e nenas. A unidade multidisciplinar crearase na área de Vigo.
 
2. Dentro da rede sanitaria pública, crear outra unidade de referencia de trastornos alimentarios, multidisciplinar, no sur de Galicia, en concreto na área sanitaria de Vigo».
 
4.8 - 6080 (09/PNP-000454)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e trece deputados máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas propostas realizadas pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores, así como polas distintas federacións provinciais, sobre o plan de xestión e control para os buques que pescan no caladoiro nacional do Cantábrico noroeste.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 84, do 10.04.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a acoller como propias e defender diante das autoridades estatais as propostas realizadas pola Federación galega e provinciais de Confrarías de Pescadores en relación co plan de xestión e control para os buques que pescan no caladoiro nacional do Cantábrico noroeste».
 

Imaxes relacionadas