O valedor do pobo entrega á presidenta do Parlamento o Informe Ordinario de 2012


Santiago, 26 de abril de 2013.-  A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía ao valedor do pobo, José Julio Fernández, que lle entregou o informe ordinario desta institución correspondente ao exercicio de 2012. 
 
Coa entrega formalizada hoxe comeza a tramitación parlamentaria do informe, que culminará cunha comparecencia do valedor ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas