A Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, reunida o 7 de maio de 2013, aprobou por unanimidade o seguinte:
PLAN DE TRABALLO
1ª FASE Solicitude e aportación de documentación.
A continuación enumérase a documentación da que se solicita a súa remisión:
A.- POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA
• Documentación contable das caixas de aforros galegas, tanto de carácter público como reservado, da actividade financeira dende 2004 ate a súa conversión en banco, incluídas as auditorías contables anuais.
• Documentación relativa á actividade da Obra Social das caixas de aforros galegas dende 2004 ate a última liquidación aprobada, incluídos os acordos das asembleas xerais.
• Entorno normativo legal vixente relativo ás entidades de crédito españolas, na medida en que afecte á evolución, ós procesos de fusión e de recapitalización das caixas de aforros galegas, tanto autonómico como estatal.
• Información emanada do FROB que tivera relevancia na evolución de NCG Banco.
• Toda a documentación relativa ás emisións de participacións preferentes polas caixas de aforros galegas obrante na Consellería de Facenda, incluídos folletos de emisión e autorizacións administrativas, así como o procedemento de arbitraxe posto en marcha: medios, solicitantes e laudos.
• Documentación relativa ás probas de resistencia realizadas ás caixas de aforros galegas no 2010, 2011 e 2012.
• Documentación relativa ó proceso material de fusión das caixas de aforros galegas:
• Plan de Integración.
• Protocolo de Integración.
• Informe realizado pola auditora KPMG avaliando a potencial fusión.
• Os demais informes técnicos doutras auditoras, relacionados co proceso de fusión, que estean en posesión da Consellería de Facenda, así como os elaborados pola propia consellería.
• Información recibida do Banco de España referente ó proceso de fusión.
• Información emanada da Comisión Europea relativa ó proceso de integración.
• Plan de recapitalización presentado por Novacaixagalicia para cumprir as esixencias do RDL 2/2011.
• MOU (Memorandum of Understanding).
• Toda a información relativa ás indemnizacións percibidas polos exdirectivos das caixas de aforros galegas en posesión da Consellería de Facenda, incluídas as actuacións para evitar novos pagamentos.
• Copia dos recursos presentados pola Xunta relativos á normativa aprobada con incidencia no proceso de fusión das caixas ou da valoración realizada no seu momento.
• Información da participación de Novacaixagalicia en entidades e empresas de fins sociais.
• Outra información obrante na Consellería de Facenda, relacionada coa fusión, que poida ser de interese, incluídos os informes, expedientes e comunicacións de departamentos da Xunta en relación ó obxecto da Comisión de Investigación, e a documentación sobre preferentes e subordinadas trasladados dende a Xunta de Galicia a órganos relacionados coa Xustiza.
B.- POR PARTE DE NCG BANCO
• Copia das actas das asembleas xerais dende 2004.
• Copia das actas dos consellos de administración onde se aprobasen as emisións de participacións preferentes ou débeda subordinada ou indemnizacións a ex directivos.
• Relación de persoal directivo que, dende 2004, cobraron calquera tipo de indemnización no momento do abandono das entidades obxecto da Comisión, con expresión individualizada da súa contía e xustificación, incluídos os dereitos en materia de Previsións Social.
• Retribucións totais percibidas polos membros dos órganos de goberno e dos equipos directivos das entidades obxecto da Comisión dende 2004, incluída no seu caso calquera clase de indemnización.
• Créditos, préstamos e ventas outorgados a membros dos seus órganos de goberno e vinculados realizadas dende 2004.
• Relación de membros nos consellos de administración das sociedades participadas polas entidades obxecto da Comisión dende 2004, indicando a contía das súas retribucións por tales funcións.
• Instrucións ou circulares internas en relación á comercialización de participacións preferentes e débeda subordinada.
• Existencia de algún tipo de incentivo en relación coa comercialización de preferentes ou subordinadas.
• Medidas internas adoptadas para evitar no futuro a comercialización de participacións preferentes.
• Contratos de garantía de liquidez da emisión de débeda subordinada.
• Documento do contrato coa auditora encargada da avaliación das arbitraxes, así como os criterios de selección desta empresa auditora e criterios que aplica esta.
• Documentación sobre o traspaso de activos de Novacaixagalicia a NCG Banco.
• Documentación relativa ó proceso de elección das persoas que formaron parte dos órganos de goberno de Caixa Galicia, Caixanova e Novacaixagalicia dende o ano 2004.
• Documentación relativa aos desinvestimentos en empresas participadas e enaxenacións patrimoniais: beneficiarios, criterios de selección e fixación de prezo dos activos.
• Plan de reestructuración e recapitalización presentado pola dirección de NCG Banco á Comisión Europea.
• Información da participación de NCG Banco en entidades e empresas de fins sociais.
C.- POR PARTE DO BANCO DE ESPAÑA
• Balances reservados de NCG Banco.
• Copia dos informes ou comunicacións entre Caixa Galicia e Caixanova co Banco de España en relación coa evolución destas, incluídos os informes de valoración das entidades.
• Relación de persoal directivo que, dende 2004, cobraron calquera tipo de indemnización no momento do abandono das entidades obxecto da Comisión, con expresión individualizada da súa contía e xustificación, incluídos os dereitos en materia de Previsións Social.
• Copia das autorizacións en relación coa comercialización de preferentes e subordinadas.
• Informes realizados polos inspectores do Banco de España dende 2004 sobre a situación das entidades devanditas.
• Auditorías nas que se valora o valor patrimonial de Novacaixagalicia para determinar a súa participación en Novagalicia Banco e o propio valor patrimonial desta entidade.
D.- POR PARTE DA CNMV
• Copia das autorizacións dos órganos competentes en relación á comercialización de preferentes e subordinadas.
E.- POR PARTE DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
• Informes sobre a situación procesal das diversas causas xudiciais existentes en relación co obxecto da Comisión.
F.- ASOCIACIÓN DE INSPECTORES DE ENTIDADES DE CRÉDITO
• Copia do informe da Asociación de Inspectores de Entidades de Crédito do Banco de España, alertando da excesiva comercialización de participacións preferentes e obrigas subordinadas.
G.- SERVIZO DE DOCUMENTACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
• Antecedentes parlamentarios relacionados, tanto a nivel autonómico como en relación ás Cortes Xerais, incluíndo as comparecencias na Subcomisión no Congreso dos Deputados das persoas comparecentes relacionadas co obxecto da Comisión.
H.- COMISIÓN EURPOEA DA COMPETENCIA
• Plan de reestructuración e recapitalización presentado pola Direccion de NCG Banco SA ante esa Comisión.
2ª FASE Comparecencias.
A continuación relaciónanse as persoas cuxa comparecencia se solicita:
• Jose Luis Méndez Lopez, Ex Director Xeral Caixa Galicia.
• Julio Fernandez Gayoso, Ex Director Xeral Caixanova e Ex Presidente Caixanova e de Novacaixagalicia.
• Mauro Varela Pérez, Ex Presidente de Caixa Galicia e de Novacaixagalicia.
• Jose Luis Pego Alonso, Ex Director Xeral de Caixanova e de Novacaixagalicia.
• Marta Fernandez Currás, Ex Conselleira de Facenda da Xunta de Galicia (2009-2011).
• Jose María Castellano, Presidente de Novagalicia Banco.
• Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia.
• Jose Ramón Fernandez Antonio, Ex conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia (2005-2009).
• Miguel Ángel Fernandez Ordóñez, Ex Gobernador do Banco de España.
• Representante Plataforma de Afectados Preferentes Marín-Pontevedra, Fátima Entenza Martinez.
• Representante Mesa Negociación da Fundación Especial Novacaixagalicia.
• Victor Moro Rodriguez, Ex Director Xeral do Banco de España.
• Jose Maria Méndez Álvarez-Cedrón, Director Xeral da Confederación Española de Cajas de Ahorros.
• Joaquín Almunia Amman, Vicepresidente da Comisión Europea e Comisario Europeo da Competencia, Ex Comisario Europeo de Asuntos Económicos e Monetarios.
• Antonio Fontenla Ramil, Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
• Jose Luis García Pita, Catedrático de Dereito Mercantil da UDC.
• Jose Antonio Redondo Lopez, Catedrático de Economía Financeira da USC.
• Carlos Gonzalez Príncipe, Ex Alcalde do Concello de Vigo.
• Comparecencia conxunta de Xosé Manuel Sánchez Aguion, Secretario Xeral de CCOO Galicia e do Secretario da Federación de Banca de CCOO Galicia.
• Comparecencia conxunta de Jose Antonio Gomez Gomez, Secretario Xeral de UGT Galicia e do Secretario da Federación de Banco de UGT Galicia.
• Comparecencia conxunta de Suso Seixo Fernandez, Secretario
Xeral da CIG e do Secretario Nacional de CIG-Banca.
• Francisco Javier García de Paredes Moro, Ex Director Xeral Adxunto de Caixa Galicia e de Novacaixagalicia.
• Cesar Gonzalez Bueno, Consejero Delegado Novagalicia Banco.
• Joaquín Caballero Miranda, Asistente en representación da Consellería de Facenda na Comisión de Control de Novacaixagalicia.
• Pedro Otero Espinar, Xerente Obra Social Novacaixagalicia.
• Manuel Galdo Pérez, Director Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia (2004-2005 e 2009 – actualidade).
• Eugenio García Lalinde, Ex Director Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia (2005-2009).
• Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
• Julio Segura Sánchez, Ex Presidente da CNMV.
• Jose Manuel Campa Fernandez, Ex Secretario de Estado de Economía.
• KPMG, Carlos Trevijano Aristegui y Francisco Gibert Pibernat.
• Carlos Varela García, Fiscal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
• Jose Álvarez Cobelas, Ex Director Xeral de Política Financeira 1997-2004.
• Ramón Álvarez Novoa, Ex Presidente da Comisión de Control.
• María Jesus Freire, Ex Presidenta da Comisión de Control de Novacaixagalicia.
• Carlos Jimenez Lambea, Deloitte CN y NCG.
• Jose Mª Sanz Olmeda, auditores CG.
• Jose Wahnon Levy, auditores CG.
• Jose Manuel García Iglesias, Ex Responsable Fundación Obra Social.
• Guillermo Brea, Ex Gerente Obra Social.
• Manuel Conthe, Ex Presidente CNMV y Ex Secretario de Estado de Economía
• Representante Sindicato CSICA
• Representante Plataforma Afectados Preferentes Coruña e Santiago
• Representante de ADICAE
• Un nome dos profesores universitarios incluidos na proposta realizada polo Grupo Parlamentario da Age.
3ª FASE Traballo en Ponencia.
Tendo en conta a documentación, informes e comparecencias iniciaranse os traballos de elaboración da proposta de ditame en ponencia.
No transcurso dos traballos da ponencia si fose necesario para elaborar a proposta de ditame, a iniciativa dun Grupo Parlamentario a comisión decidirá si solicita novos informes, documentos ou aclaracións referidos ó obxecto da comisión.
4ª FASE Debate e aprobación da proposta de ditame pola comisión.