Decisión do xurado: Estudantes de Ponteareas, Viveiro e Santiago de Compostela, gañadores do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia


• Os finalistas cursan estudos en centros de Rubiá (Ourense) e Santiago de Compostela
 
• Os premios serán entregados no Parlamento de Galicia o vindeiro 5 de xuño

Santiago, 22 de maio de 2013.- O xurado encargado  de valorar os traballos presentados na terceira edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia acordou, por unanimidade, a concesión dos premios correspondentes aos gañadores e finalistas de cada unha das tres modalidades do certame (Imaxina a Pintura, Escribe o teu conto, e Exprésate).
 
A decisión do xurado é a seguinte.
 
Imaxina a Pintura
 
Alumnas do grupo gañador: Antía Martínez Pérez, Naiara Bouza Rodríguez, Inés Borge Juste, Lidia Castro Rodríguez e Lucía Otero Codeseda
• Clase: 1º de Primaria
• Profesora que supervisou o traballo: Dª Pilar Gallego Illán
• Centro educativo:  CPR Plurilingüe Santiago Apóstol de  Ponteareas (Pontevedra).
 
Alumnas do grupo finalista: Candela Prada Vega, Ana Alonso Domínguez, Claudia Rodríguez Delgado, Carmen Estévez Martín e Nadia Dovigo Otero, alumnas de 2º ciclo de educación infantil do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense). Profesora que supervisou o traballo: Dª Aurora Delgado Pérez
 
Escribe o teu conto
 
Alumnos do grupo gañador: Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Gómez Peralta.
• Clase: 1º A de ESO
• Profesor que supervisou o traballo: D. Francisco José Janeiro Rodríguez
• Centro educativo:  IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo).
 
Alumnas e alumnos do grupo finalista: Alba Fernández Martínez, Diego Beltrán Fernández Prada, Laura García Fraga, Blanca Landín Rey e Pablo Francisco Lata Díaz (alumnos/as de 6º A de Educación Primaria do Centro Escolar Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela (A Coruña). Profesora que supervisou o traballo: Dª Josefa Lourido Barbeira
 
Exprésate:
 
Alumnas e alumno do grupo gañador:  Rebeca Carballo Amado, Yemina Gómez Corral, Gloria Martínez Pazos e José Manuel Fernández Vilas.
• Clase: 3º U de ESO
• Profesora que supervisou o traballo: DªMaría Blanco Crespo
• Centro educativo: IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela (A Coruña).
 
Alumnas do grupo finalista: Alicia Suárez Cao, Tamara Cerqueiro Rey, Paula Vilariño Gasamáns e Uxía Rico Gómez (alumnas de 4º U da ESO do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela (A Coruña). Profesora que supervisou o traballo: Dª Mercedes Espiño Amil.
 
Os premios serán entregados nun acto que se desenvolverá na sede do Parlamento de Galicia o vindeiro 5 de xuño.

O xurado desta III edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia estivo presidido polo vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e integrado pola vicesecretaria da Mesa do Parlamento, Concepción Burgo; pola presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Mª Soledad Piñeiro (por delegación da presidenta da Cámara); e polos deputados Vicente Docasar Docasar (en representación da vicepresidenta primeira), e Moisés Blanco Paradelo (por delegación do secretario da Mesa). O profesor Xosé Manuel Rosales Noves formou parte do xurado como docente proposto pola Presidencia do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

 

Imaxes relacionadas