O Parlamento de Galicia recibe a visita dun grupo de nenos e nenas afectados por enfermidades renais

 
• Mantiveron un encontro con representantes de todos os grupos parlamentarios, co presidente da Xunta e coa presidenta do Parlamento, ademais de efectuar unha visita guiada ás instalacións da Cámara
 

Santiago, 25 de xuño de 2013.- O Parlamento de Galicia recibiu esta mañá a visita dun grupo de nenas e nenos que participan no proxecto Crece, organizado pola Federación Nacional de ALCER.
 
Os participantes nesta visita, na súa maioría nenos e nenas afectados por enfermidades renais, participaron nun encontro con representantes dos catro grupos parlamentarios e co presidente da Xunta de Galicia.  Noutro momento da visita, tamén os saudou a presidenta do Parlamento.
 
Durante a xornada, efectuaron unha visita guiada ás dependencias da Cámara galega e presenciaron, desde a tribuna de convidados do hemiciclo, o desenvolvemento do Pleno do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas