• A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo recibiu no seu despacho ao presidente do Consello de Contas, Luciano Fariña, que lle fixo entrega da documentación
Santiago, 1 de agosto de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu esta mañá ao conselleiro maior do Consello de Contas, Luciano Fariña Busto, que lle fixo entrega da memoria de actividades e os informes elaborados en execución do Plan de Traballo para 2012.
O exercicio obxecto dos informes é o 2010, coas excepcións sinaladas. A documentación remitida inclúe os seguintes documentos e informes:
DOCUMENTOS
- Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2012
- Contas anuais da institución referentes ao exercicio 2012
- Ditame sobre financiación público-privada
- Informe sobre contas rendidas en 2012 correspondentes ao exercicio 2011
INFORMES DE FISCALIZACIÓN SOBRE O SECTOR PÚBLICO DE GALICIA:
- Declaración definitiva sobre o exame e comprobación da Conta Xeral da Comunidade Autónoma e Conta Xeral da Comunidade Autónoma, ex. 2010
- Programas de investigación, desenvolvemento e innovación, ex. 2009-2010
- Fondos Europeos, ex. 2010
- Eleccións ao Parlamento de Galicia, 2012
- Conta Xeral do Sergas, ex. 2010
- Fiscalización selectiva Fundación Pública de Medicina Xenómica
- Conta Xeral das entidades locais de Galicia, ex. 2010
- Concello de Santiso, ex. 2010
- Concello de Antas de Ulla, ex. 2010
- Concello das Nogais, ex. 2010
- Concello de Agolada, ex. 2010
- Concello de Rodeiro, ex. 2010
- Concello de Noia, ex. 2010
- Concello de Carballeda de Avia, ex. 2009
Cumprimento dos prazos previstos para o pago das obrigas das entidades locais de Galicia
Logo de superar os trámites regulamentariamente previstos, que contemplan, entre outros, a posta de manifesto do anteproxecto de informe aos entes obxecto de fiscalización e a recepción das súas alegacións (coa salvidade da Declaración definitiva sobre a conta xeral da comunidade autónoma, do Informe sobre Eleccións ao Parlamento de Galicia, 2012, da Conta Xeral das Entidades Locais e do Informe sobre o cumprimento dos prazos previstos para o pago das obrigas das entidades locais de Galicia), todos os informes foron aprobados no Pleno do Consello de Contas pola unanimidade dos seus membros.
Informes de Conta Xeral
O Consello de Contas fiscalizou de xeito específico as contas correspondentes ao exercicio 2010 das seguintes entidades:
- Conta Xeral da C.A.
- Conta Xeral do organismo autónomo SERGAS
Os traballos desenvolvidos, realizados conforme aos principios e normas de auditoría do sector público permiten declarar que a Conta Xeral da Comunidade Autónoma reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2010, presentando deficiencias na contabilidade patrimonial e estando afectada a súa representatividade polas salvidades e limitacións sinaladas nos informes de fiscalización.
Informes de fiscalización
Preséntanse tamén os seguintes informes de fiscalización, previstos no Plan de Traballo:
- Programas de investigación, desenvolvemento e innovación, ex. 2009-2010
- Fondos Europeos, ex. 2010
- Eleccións ao Parlamento de Galicia, 2012
- Fiscalización selectiva Fundación Pública de Medicina Xenómica
- Concello de Santiso, ex. 2010
- Concello de Antas de Ulla, ex. 2010
- Concello das Nogais, ex. 2010
- Concello de Agolada, ex. 2010
- Concello de Rodeiro, ex. 2010
- Concello de Noia, ex. 2010
- Concello de Carballeda de Avia, ex. 2009
- Cumprimento dos prazos previstos para o pago das obrigas das entidades locais de Galicia