Pleno extraordinario do Parlamento para a fixación do límite de gasto non financeiro



Santiago, 2 de agosto de 2013.- O Parlamento de Galicia celebrou este mediodía un pleno extraordinario no que se debateu e aprobou o límite máximo de gasto non financeiro da Xunta de Galicia para o ano 2014, que queda fixado en 8.456 millóns de euros.
 
Ao comezo, o Pleno do Parlamento gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Santiago de Compostela.
 
No seguinte enlace pódese consultar o informe de estratexia financeiro-fiscal:
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90145.pdf
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas