saltar ao contido

Pilar Rojo participou nunha reunión da Comisión Permanente da COPREPA

 

Santiago, 4 de outubro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participou hoxe en Madrid nunha reunión da Comisión Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), que se celebrou na sede do Senado e que tamén contou coa participación dos titulares das Cámaras de Andalucía, Manuel Gracia; Extremadura, Fernando Manzano; e Baleares, Margalida Durán, actual presidenta da COPREPA.

 

Antes da reunión, os participantes na reunión do Comité Permanente da COPREPA foron recibidos polo presidente do Senado, Pío García Escudero.


Saúdos, Gabinete de Comunicación


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina