saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibiu aos equipos directivos de Executivas de Galicia e da Asociación de Xóvenes Empresarios de Galicia

Santiago, 9 de outubro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu esta mañá ao novo equipo directivo de Executivas de Galicia, unha organización presidida por Carla Reyes Uschinsky, e do que tamén forman parte Sonia Pazos, vicepresidenta; Mónica Álvarez; tesoureira; Diana Otero, secretaria; e Esther Carracedo, vogal.
 
Na reunión, as directivas de Executivas de Galicia presentaron a Pilar Rojo o plan de actividades desta organización, que abrangue xornadas de difusión e accións destinadas a incrementar a visibilidade das mulleres no ámbito directivo e empresarial de Galicia. Tamén entregaron á presidenta do Parlamento un documento coas conclusións do Encontro de Corresponsabilidade que Executivas levou a cabo antes do verán. Esta entidade aglutina a 70 mulleres directivas, empresarias e profesionais de todos os ámbitos da sociedade galega.
 
Xóvenes empresarios
Durante a mañá, Pilar Rojo reuniuse tamén co presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Galicia, José Manuel Valenzuela, e coa vicepresidenta da entidade, Lucía Pedroso. 
 
No encontro, José Manuel Valenzuela explicou á presidenta do Parlamento as actividades que desenvolve esta asociación e o seu programa de traballo para o futuro próximo.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina