saltar ao contido

A presidenta do Parlamento lamenta o falecemento de Emma González Bermello, unha das tres primeiras deputadas da Cámara galega

 
Santiago, 15 de xaneiro de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, lamentou hoxe o falecemento de Emma González Bermello, unha das tres primeiras mulleres deputadas da Cámara galega.
 
Emma González Bermello foi, xunto a Flora Veiga Aldariz e María del Carmen Lovelle Alén, unha das tres únicas mulleres que formaron parte da primeira lexislatura (1981-1985) do Parlamento de Galicia. González Bermello tamén foi alcaldesa de Vigo.
 
Pilar Rojo trasladou a súa “sincera condolencia” á familia da exdeputada falecida. “A súa traxectoria perdurará para sempre na memoria colectiva de Galicia como exemplo de muller pioneira na política autonómica e municipal”, afirmou a presidenta da Cámara referíndose a González Bermello.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina