A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 25 de marzo de 2014, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de marzo de 2014, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para garantir a prestación das especialidades de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear en igualdade de condicións para toda a cidadanía galega con independencia do seu lugar de residencia en Galicia (doc. núm. 9964, 09/PPLI-000007).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 150, do 30.08.2013
Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 231, do 05.02.2014
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de accesibilidade (doc. núm. 16682, 09/PL-000015).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 220, do 03.01.2014
Publicación e asignación á Comisión, BOPG n.º 233, do 07.02.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 237, do 13.02.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 245, do 26.02.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 248, do 04.03.2014
Publicación da reasignación a comisión, BOPG n.º 249, do 05.03.2014
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 254, do 14.03.2014
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, de creación do Instituto Galego de Crédito e Investimento (doc. núm. 16705, 09/PPL-000014).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 02.01.2014
Punto 2. Comparecencias en pleno
20492 (09/CPP-000155)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por iniciativa da Xunta de Galicia, para informar do desenvolvemento da LOMCE no ensino galego para o curso 2014-2015
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252, do 12.03.2014
Punto 3. Mocións
3.1 20912 (09/MOC-000062)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal (065). (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 17854, publicada no BOPG núm. 230, do 04.02.2014, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2014)
3.2 20921 (09/MOC-000063)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en materia de emprego. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 19146, publicada no BOPG núm. 240, do 19.02.2014, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2014)
3.3 20932 (09/MOC-000064)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de xestión dos servizos sociais. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 17793, publicada no BOPG núm. 230, do 04.02.2014, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2014)
Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno
4.1 7187 (09/PNP-000541)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co actual modelo de repartición de cotas da pesqueira da xarda adoptado polo Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, coa multa imposta ao Estado español, así como coa aplicación da política de cotas nas augas interiores galegas e coa representación de Galicia nese consello
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 99, do 08.05.2013
4.2 10420 (09/PNP-000790)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre a mellora da accesibilidade do cidadán á información da propia historia clínica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 146, do 02.08.2013
4.3 16357 (09/PNP-001162)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas instalacións do aeródromo de Godos, no concello de Caldas de Reis
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 216, do 18.12.2013
4.4 18928 (09/PNP-001350)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fariñas Sobrino, Hipólito e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa pobreza enerxética da poboación en risco de exclusión social
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014
4.5 19176 (09/PNP-001358)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas sentenzas xudiciais referidas ao pagamento das pagas extraordinarias detraídas aos empregados públicos, así como as políticas de recortes e privatizacións do sector público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014
4.6 20151 (09/PNP-001397)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
González Santín, Juan Carlos e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa construción da estación intermodal de Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 06.03.2014
4.7 20188 (09/PNP-001400)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución do proxecto denominado "Adecuación da canle e ordenación dos ríos Sarria e Celeiro (1ª fase)"
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 06.03.2014
4.8 20543 (09/PNP-001415)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa desigualdade e coa precariedade laboral das mulleres
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252, do 12.03.2014
Punto 5. Interpelacións
5.1 16970 (09/INT-000593)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 2 máis
Sobre o acordo para a repartición da cota de xarda e xurelo no sector do cerco para o ano 2014
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 17.01.2014
5.2 17278 (09/INT-000610)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis
Sobre o anuncio polo Sergas da contratación do servizo de xestión integral do proceso de esterilización do material necesario para o desenvolvemento da actividade asistencial nos seus centros sanitarios
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014
5.3 17972 (09/INT-000645)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre a privatización de servizos realizada polo Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 20945 (09/POPX-000065)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis
Sobre a valoración do Sr. presidente da Xunta de Galicia da situación da economía galega
6.2 20965 (09/POPX-000066)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a defensa dos intereses de Galicia diante do Goberno central
6.3 20981 (09/POPX-000067)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións previstas pola Presidencia da Xunta de Galicia para erradicar as carencias e malnutricións alimenticias da poboación infantil en idade escolar
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 20983 (09/PUP-000100)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Veira, Pedro Manuel e 7 máis
Sobre a valoración do Goberno galego da viaxe institucional realizada a México e Panamá o 14 de marzo de 2014
7.2 20982 (09/PUP-000099)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel e 2 máis
Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da solicitude ao Goberno central da modificación da normativa tributaria co fin de garantir que as variacións patrimoniais derivadas da dación en pago da vivenda habitual queden exentas de tributación
7.3 19756 (09/POP-001769)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis
Sobre a situación xerada na comunidade educativa a consecuencia das modificacións introducidas nalgúns puntos do baremo establecido no concurso de traslados entre persoal funcionario docente convocado na Orde do 16 de outubro de 2013
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 245, do 26.02.2014
Publicación correccións, BOPG n.º 250, do 06.03.2014
7.4 20584 (09/POP-001811)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre o custo real da exposición "Gallaecia Pétrea"
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252, do 12.03.2014
7.5 20973 (09/PUP-000098)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as previsións do Goberno galego en materia de privatización da sanidade pública de Galicia
7.6 20394 (09/POP-001808)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e Acuña do Campo, María Carmen
Sobre a opinión do Goberno galego respecto das denuncias dos facultativos do Hospital da Costa referidas ás deficiencias sanitarias que padecen os cidadáns da Mariña lucense
7.7 18114 (09/POP-001638)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia tendentes a garantir a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014
7.8 18315 (09/POP-001661)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Angel e 6 máis
Sobre a avaliación do Goberno galego en relación coa redución nun 30 por cento en Galicia, no ano 2013, do número de traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014
7.9 19369 (09/POP-001732)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia da repartición de cotas das principais especies peláxicas no caladoiro do Cantábrico noroeste para o ano 2014
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014
7.10 19376 (09/POP-001734)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre as estimacións iniciais da Xunta de Galicia acerca dos danos ocasionados polos sucesivos temporais nas infraestruturas portuarias da franxa costeira galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014
Pilar Rojo Noguera
Presidenta