Pilar Rojo participa nunha reunión da comisión permanente da COPREPA para fixar unha postura común en Europa

Santiago, 21 de xaneiro de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participou hoxe, na sede da Asemblea de Madrid, nunha reunión da comisión permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), convocada para estudar a postura que manterá a delegación española que participe na próxima reunión da Conferencia de Asemblea Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), prevista para a próxima semana.

A reunión de hoxe foi convocada polo presidente da Asemblea de Madrid e da COPREPA, José Ignacio Echeverría, e contou coa participación das titulares dos parlamentos de Baleares e Galicia.

Pilar Rojo aproveitou a súa participación nesta reunión para informar sobre o plan de traballo que ten previsto desenvolver como presidenta da CALRE en 2014, ao tempo que lles trasladou o programa da xornada “¿Por qué nos importa Europa?: O futuro das rexións na Unión Europea”, que se celebrará na sede da Cámara Galega o vindeiro 31 de marzo.


Imaxes relacionadas