Santiago, 1 de abril de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibou hoxe do valedor do pobo, José Julio Fernández, o informe ordinario desta institución correspondente ao exercicio de 2013.
Coa entrega do documento comeza a tramitación parlamentaria do informe, que culminará cunha comparecencia do Valedor ante o Pleno do Parlamento de Galicia.