Pilar Rojo traslada á presidenta da Cortes de Castela e León o seu pesar polo asasinato da presidenta da Deputación de León

 

Santiago, 12 de maio de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, telefoneou esta tarde á súa homóloga das Cortes de Castela e León, María Josefa García Cirac, para expresarlle o seu pesar polo asesinato da presidenta da Deputación Provincial de León, Isabel Carrasco.
 
Pilar Rojo que, en nome propio e no do Parlamento de Galicia, expresa a máis enérxica condena do asasinato, pediu á presidenta da Cortes de Castela e León que traslade as súas condolencias á familia e amigos de vítima.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas