saltar ao contido

Pilar Rojo explica aos seus homólogos o traballo que desenvolve como presidenta da CALRE co obxectivo de incorporar os parlamentos rexionais na axenda europea


• A titular da Cámara galega participou en León nunha reunión da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA)

 


Santiago, 26 de setembro de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, aproveitou a súa participación nunha reunión da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) celebrada hoxe en León, para convidar aos seus homólogos dos restantes lexislativos a asistir á Asemblea Xeral da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 6 e o  9 de novembro, ao tempo que os animou a participar na elaboración da declaración que se aprobará nesta xuntanza.

 

Pilar Rojo destacou o protagonismo que están a acadar os parlamentos rexionais na escea europea, e puxo como exemplo a reunión co presidente da Comisión Europea á que ela acudiu a pasada semana na súa condición de presidenta da CALRE.

 

Primeiros froitos do traballo

 

“Desde a Presidencia galega da CALRE estamos a facer un traballo intenso e ininterrompido, e agardamos que dea os seus froitos. Polo de agora, xa conseguirmos que a Comisión Europea incluíse aos parlamentos rexionais con capacidade lexislativa no `diálogo estructurado´, encamiñado a fortalecer as relacións entre a Unión Europea e os representantes das autoridades locais e rexionais”, afirmou Pilar Rojo.

 

Axenda lexislativa europea

 

Nesta liña, Pilar Rojo, como presidenta da CALRE, reivindica que os 74 parlamentos parlamentos rexionais con capacidade lexislativa podan desenvolver un papel protagonista nas fases iniciais da programación lexislativa europea, potenciando así a dimensión territorial da mesma e, polo tanto, a súa eficacia.

 

Esta demanda foi plantexada por Pilar Rojo, ao presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, e ao comisario saínte de Política Rexional e futuro comisario de Política de Vecindade e Ampliación, Johannes Hahn, durante a xuntanza celebrada na capital comunitaria.

 

Vixencia do parlamentarismo

 

A reunión da COPREPA de León tivo ligar na Colexiata de San Isidoro, o mesmo lugar no que se reuniron as Cortes de León de 1188, consideradas pola Unesco como a referencia máis antiga, coñecida ata o de agora, ao sistema parlamentario. Os presidentes dos Parlamentos autonómicos aprobaron unha declaración institucional na que subliñan que “o Parlamentarismo conserva toda a súa vixencia como expresión da vontade democrática dos cidadáns”.

 

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina