A conselleira de Facenda entregou á presidenta do Parlamento o proxecto de lei de orzamentos de 2015


 

Santiago, 20 de outubro de 2014.- A conselleira de Facenda da Xunta, Elena Muñoz, entregou esta mañá á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, o proxecto de lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2015.
 
Mañá martes, a Mesa do Parlamento cualificará o documento e, de seguido, oída a Xunta de Portavoces, o asignará a comisión e aprobará o calendario de tramitación do proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Imaxes relacionadas