saltar ao contido

A presidenta do Parlamento traslada o seu pesar polo falecemento de Dora Vázquez, “figura senlleira das letras galegas”

 

Santiago, 24 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, transmitiu o seu pesar pola morte da escritora Dora Vázquez, falecida en Ourense aos 97 anos de idade.
 
Nun telegrama remitido aos fillos da finada, a titular da Cámara galega traslada as súas condolencias pola desaparición de Dora Vázquez Iglesias, á que considera unha “figura senlleira das letras galegas” que, ademais, “será recordada polo seu amor a Galicia”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina