saltar ao contido

O Parlamento convoca 8 bolsas de formación para universitarios


 
• As bases foron publicadas no Boletín Oficial do Parlamento de hoxe e o prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 4 de decembro

Santiago, 19 de novembro de 2014.- O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia publica na súa edición de hoxe a convocatoria de bolsas para a formación práctica de titulados universitarios que poderán solicitarse ata o vindeiro 4 de decembro.
 
En concreto, ofrécense 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación, 1 bolsa para comunicación institucional, 2 para publicacións e 1 para informática.
 
Estas bolsas de formación enmárcanse nun protocolo asinado entre o Parlamento de Galicia e as tres universidades galegas en maio de 2010 e a actual convocatoria constitúe a quinta edición das mesmas.
 
A actividade formativa que os bolseiros desenvolven na Cámara galega está tutelada polos responsables e demais persoal técnico das unidades do Parlamento de Galicia ás que son asignadas as persoas seleccionadas en cada convocatoria.
 
As bases poden consultarse no seguinte enderezo do BOPG: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina