saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 2 de decembro de 2014

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 2 de decembro de 2014, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 25 de novembro de 2014, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de dereitos e garantías dos enfermos terminais (doc. núm. 24444, (09/PPL-000027) 
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 308, do 26.06.2014
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para a aprobación dunha lei orgánica de transferencia de competencias a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña (doc. núm. 23847, 09/PPLC-000010) 
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 302, do 10.06.2014
 
Punto 2. Comparecencias en pleno
 
30529 (09/CPP-000256)
Da Sra. conselleira de Traballo e Benestar Social, a petición propia, para informar dos mecanismos de control sobre as axudas destinadas á formación
 
Punto 3. Mocións
Incluiranse, se é o caso, as subseguintes as interpelacións sustanciadas na Sesión Plenaria do día 25 de novembro de 2014, logo da súa admisión a trámite pola Presidencia da Cámara
 
Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno
 
4.1 26356 (09/PNP-001918)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa campaña da Consellería de Traballo e Benestar de revisión das prestacións concedidas ás persoas dependentes ao abeiro do Programa individual de atención (PIA)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 339, do 11.09.2014
 
4.2 27693 (09/PNP-002025)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
 Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas precisas para a prestación, durante o horario escolar, dos coidados especiais necesarios a aqueles menores que padezan algunha patoloxía crónica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 01.10.2014
 
4.3 28213 (09/PNP-002056)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel
 Sobre a necesidade de que a Xunta de Galicia asuma como propia a proposta de plan de xestión plurianual da sardiña elaborada e aprobada polo Consello Galego de Pesca
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357, do 15.10.2014
 
4.4 29214 (09/PNP-002109)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Sánchez Bugallo, José Antonio e 3 máis
 Sobre o traspaso á Consellería de Economía e Industria dos parques empresariais de titularidade da Xunta de Galicia e de todas as parcelas dispoñibles, así como a presentación no Parlamento de Galicia dun plan para a xestión e dinamización do solo industrial existente no territorio galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 30.10.2014
 
4.5 29331 (09/PNP-002124)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Paz Franco, María Tereixa
 Sobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponencia conxunta para elaborar unha proposición de lei de reforma de determinados aspectos do seu Regulamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 30.10.2014
 
4.6 29580 (09/PNP-002145)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Beiras Torrado, Xosé Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co déficit de tarifa do sector eléctrico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 369, do 06.11.2014
 
4.7 29827 (09/PNP-002166)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme e Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa artesanía de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 372, do 12.11.2014
 
4.8 30157 (09/PNP-002179)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Santalices Vieira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa organización da cobertura asistencial sanitaria en materia cardiolóxica
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 375, do 19.11.2014
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 25351 (09/INT-000902)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
 Sobre o proceso de xubilacións forzosas levadas a cabo polo Sergas nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 12.08.2014
 
5.2 27221 (09/INT-001000)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Díaz Pérez, Yolanda
 Sobre o crecemento das desigualdades sociais en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 342, do 17.09.2014
 
5.3 29569 (09/INT-001074)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Paz Franco, María Tereixa
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para a recuperación e o aproveitamento da superficie agraria, así como o incremento da base territorial das explotacións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 369, do 06.11.2014
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 30482 (09/POPX-000106)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Méndez Romeu, José Luis
 Sobre a confianza cidadá no Goberno galego
 
6.2 30516 (09/POPX-000107)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Jorquera Caselas, Francisco Xesús
 Sobre a valoración da situación de deterioro de Galicia
 
6.3 30522 (09/POPX-000108)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Díaz Pérez, Yolanda
 Sobre as medidas que vai desenvolver o Goberno galego para impedir o progresivo empobrecemento da cidadanía
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 30121 (09/POP-002712)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Méndez Romeu, José Luis e 3 máis
 Sobre as razóns que están a impedir a aprobación pola Xunta de Galicia dunha parada da liña regular de transporte público na localidade de Meicende, no concello de Arteixo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 19.11.2014
 
7.2 26475 (09/POP-002412)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre o contido do recurso potestativo de reposición presentado pola empresa Mineira de Corcoesto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 339, do 11.09.2014
 
7.3 26184 (09/POP-002387)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez González, Román e 7 máis
 Sobre as características dos centros educativos que participan na posta en marcha da primeira fase do proxecto de implementación progresiva do denominado "libro dixital"
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 04.09.2014
 
7.4 29757 (09/POP-002694)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Calvar, María Carmen e 5 máis
 Sobre os motivos do recorte do persoal coidador dos nenos con discapacidade escolarizados no Colexio Público Quiroga Palacios, de Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 372, do 12.11.2014
 
7.5 30524 (09/PUP-000162)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
 Sobre o futuro deseñado polo Sergas para o servizo de mantemento do Hospital do Meixoeiro, de Vigo
 
7.6 30496 (09/PUP-000159)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Martínez García, María Consuelo
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da exixencia a PSA Peugeot-Citróen dun compromiso social con Galicia, mantendo a calidade do emprego na súa fábrica de Vigo
 
7.7 30521 (09/PUP-000160)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Beiras Torrado, Xosé Manuel e 6 máis
 Sobre a incidencia das políticas públicas da Xunta de Galicia na situación dos traballadores e traballadoras
 
7.8 26689 (09/POP-002440)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
 Sobre as xestións previstas pola Xunta de Galicia para impulsar a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 339, do 11.09.2014
 
7.9 30112 (09/POP-002711)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Paz Franco, María Tereixa
 Sobre a posible existencia de irregularidades nos procesos de contratación para a execución de actuacións forestais na Costa da Morte tramitados na Consellería do Medio Rural e do Mar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 19.11.2014
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014
 

Pilar Rojo Noguera
Presidenta

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina