O Parlamento de Galicia recibe a visita dunha alumna gañadora do concurso de oratoria de Panamá

 
• A visita á Cámara galega enmárcase na viaxe cultural que lle correspondeu no certame
 
Santiago, 21 de xaneiro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu esta mañá á estudante panameña Mariela Montero, unha das gañadoras do Concurso Nacional de Oratoria de Panamá, certame de gran transcedencia e popularidade naquel país, onde conta cunha elevada audiencia televisiva.
 
A visita ao Parlamento de Galicia enmárcase na viaxe cultural que recibiu como premio a estudante Mariela Montero Rodríguez, da provincia de Bocas del Toro, en Panamá. Nesta viaxe está acompañada pola súa titora, a profesora de química Desireth de la Rosa, que guiou á alumna durante todo o proceso do Concurso Nacional de Oratoria. Na visita ao Parlamento tamén participou a vicecónsul de Panamá en Galicia, Lumy Elaine Arias Fábrega.
 
Antes de ser recibida pola presidenta da Cámara, Mariela Montero e as súas acompañantes efectuaron unha visita guiada ao Parlamento de Galicia.  
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas