O fiscal superior de Galicia efectúa unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia

Santiago, 15 de abril de 2015.- O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes Pérez, efectuou hoxe unha visita protocolaria ao Parlamento, onde se entrevistou coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo.
 
A visita enmárcase na rolda de contactos institucionais que o fiscal superior de Galicia está a efectuar logo da súa toma de posesión. Na xuntanza, Pilar Rojo desexoulle unha xestión exitosa ao fiscal superior.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas