Santiago, 15 de setembro de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Jackeline Elisabeth Fernández Macías como deputada do PPdeG pola circunscrición de Ourense no Parlamento de Galicia. Substitúe a María del Carmen Pardo López.
Jackeline Fernández Macías naceu en Venezuela en 1986. É licenciada en Administración e Dirección de Empresas e Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo. Presidenta de Novas Xeracións de Ourense desde 2010. Membro do Comité de Dirección e da Xunta Directiva do PP de Ourense.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.