Pilar Rojo recibe ao presidente da Deputación da Coruña

Santiago, 18 de setembro de 2015.- O presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, efectuou esta mañá unha visita institucional ao  Parlamento de Galicia, onde se reuniu coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo.
 
A visita enmárcase na rolda de contactos institucionais posteriores á toma de posesión do presidente da Deputación da Coruña. Na entrevista con González Formoso, Pilar Rojo apostou por cultivar as relacións institucionais entre as distintas administracións co obxectivo de mellorar o servizo  aos cidadáns.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas