O conselleiro de Facenda entrega o proxecto de lei de orzamentos de 2016 á presidenta do Parlamento

Santiago, 20 de outubro de 2015.- O conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, entregou esta mañá á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, o proxecto de lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2016.

Posteriormente, a Mesa do Parlamento cualificou o documento e, de seguido, oída a Xunta de Portavoces, o asignou a comisión e aprobou o calendario de tramitación do proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.


Imaxes relacionadas