6.2 44931 (09/PNP-003257)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co IVE que se está a aplicar aos produtos de hixiene íntima feminina
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 29.12.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a negociar co Goberno do Estado a rebaixa do IVE ao 4% para os produtos de hixiene feminina como compresas, tampóns ou copas menstruais".
6.3 45004 (09/PNP-003263)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos trámites para a inclusión do Códice Calixtino no rexistro de 'Memoria del Mundo' da Unesco
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 29.12.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a propiciar contactos con institucións e organizacións políticas, sociais e culturais que apoien e reforcen os trámites a realizar para acadar a inclusión do Códice Calixtino no rexistro de 'Memoria del mundo' da Unesco".
6.7 46355 (09/PNP-003360)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Moreira Ferro, Jacobo e Gómez Alonso, Alejandro
Sobre a licitación polo Goberno galego das obras da reforma da estrada PO-531, no tramo Pontevedra-Curro, e a priorización dos puntos máis necesarios para a mellora da seguridade viaria.
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 598, do 10.02.2016
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a licitar a execución da reforma da PO-531 no tramo Pontevedra-Curro, priorizando os puntos máis necesarios para a mellora da seguridade viaria".
6.8 46504 (09/PNP-003369)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Ron Fernández, José Javier e 5 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias ante o Goberno central para o desenvolvemento do Plan de acollemento e integración de persoas refuxiadas procedentes de Siria e doutros países en guerra ou conflito
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 598, do 10.02.2016
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento Galego insta á Xunta a que desenvolva as actuacións oportunas diante do Goberno central conducentes a facer realidade o plan de acollida e integración de persoas refuxiadas procedentes de Siria e outros países en guerra ou conflito.
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a aplicación urxente dos acordos acadados e aprobados por unanimidade do Congreso dos Deputados, na súa sesión plenaria do 29 de setembro de 2015, sobre a crise humanitaria de refuxiados, e dar cumprimento a tódalas súas conclusións, especialmente as actuacións previstas na devandita resolución parlamentaria en materia de acollida e integración de refuxiados".
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.