A presidenta do Parlamento expresa o seu recoñecemento á figura de Marcelino Camacho

 
 
Santiago, 29 de outubro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, considera que o  fundador e primeiro secretario  xeral de Comisións Obreiras, Marcelino Camacho, falecido a pasada noite, “será recordado como paradigma de persoa íntegra e coherente”.
 
Rojo Noguera expresou esta opinión nunha mensaxe de solidariedade enviada esta mañá ao secretario xeral de CC.OO. de Galicia, Xan María Castro.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas