Unha delegación do Círculo de Empresarios de Galicia visita o Parlamento

Santiago, 12 de setembro de 2016.-  Integrantes do Círculo de Empresarios de Galicia efectuaron este luns unha visita ao Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e participaron nunha visita guiada á sede do Lexislativo galego.
 
Durante a visita, a delegación do Círculo de Empresarios recibiu información sobre a historia e o funcionamento do Parlamento de Galicia.
 
A visita enmárcase na estratexia de apertura do Parlamento de Galicia á sociedade galega e responde a unha invitación formulada polo presidente da Cámara o pasado 6 de xuño, data na que Santalices Vieira acudiu a un xantar coloquio convocado en Vigo polo Círculo de Empresarios.
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas