O presidente do Parlamento participa na presentación da novela “El Códice de Clara Rosenberg”

 
• Santalices Vieira valora a habilidade  narrativa e a erudición da autora, Magdalena del Amo, que logra converter a obra nunha “guía novelada do Camiño de Santiago”

Santiago, 19 de setembro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde, na Casa de Galicia en Madrid, na  presentación da novela “El Códice de Clara Rosenberg”, do que é autora a xornalista e escritora Magdalena del Amo.
 
Santalices Vieira valorou a experiencia xornalística da autora, e tamén a súa “inesgotable curiosidade intelectual, que se traduce nunha creatividade desbordante, como os lectores terán ocasión de comprobar nesta novela”.
 
Ambientada na principal das rutas de peregrinación a Santiago de Compostela –o Camiño Francés-, a novela “combina erudición, misterio, sentimentos,  e unha descrición meticulosa de gran parte do Camiño”, afirmou Santalices na presentación. Por iso, ao seu xuízo, “estamos ante unha novela, pero tamén ante unha guía novelada do Camiño de Santiago, froito da habilidade narrativa e da erudición da súa autora”.
 
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas