O embaixador de Paraguai visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 28 de novembro de 2016.- O embaixador de Paraguai en España, Antonio Rivas Palacios, visitou esta mañá o Parlamento de Galicia, onde mantivo unha reunión co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante o enconto, o presidente do Parlamento e mailo embaixador de Paraguai falaron das relacións entre os dous países e fixeron votos polo seu potenciamento nos diferentes ámbitos.
 
O embaixador acudiu acompañado polo cónsul xeral de Paraguai en Madrid, Felipe Robertti; o ministro da embaixada, Gustado Gómez Comas; e polo cónsul honorario de Paraguai en Galicia, Miguel Pampín Rúa. Rivas Palacios é embaixador de Paraguai en España desde outubro de 2014.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas