Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 1-12-2016

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 1 de decembro de 2016, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 749 (10/PNC-000060)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a buscar a implicación do conxunto da sociedade e de diferentes axentes no fomento do uso da lingua galega entre a mocidade, para o que se iniciará un proceso de deseño e planificación de políticas de dinamización lingüística."

Imaxes relacionadas