Santiago, 3 de decembro de 2016.- O Conselleiro de Facenda da Xunta, Valeriano Martínez, entregou esta mañá o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2017 ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Esta mesma mañá, a Mesa do Parlamento de Galicia cualificou o documento e, de seguido, oída a Xunta de Portavoces, o asignou a comisión e aprobou o calendario de tramitación parlamentaria deste proxecto de lei.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.