saltar ao contido

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia sobre o Día mundial en lembranza das vítimas da violencia viaria

Declaración institucional do Parlamento de Galicia
 
O vindeiro día 21 de novembro conmemórase o Día mundial en lembranza das vítimas da violencia viaria.
 
O Parlamento de Galicia lembra ás vítimas dos sinistros de tráfico.
 
Coñecemos o drama que hai detrás de cada sinistro viario e queremos mobilizarnos para alcanzar o noso principal obxectivo: cero vítimas.
 
Entendemos a seguridade viaria desde o respecto, a educación, os valores e a solidariedade de toda a cidadanía.
Sabemos que aínda gran parte da sociedade non ten interiorizada a súa parte de responsabilidade dentro dos factores de risco e que só cos firmes compromisos cívicos, éticos e políticos de todos os actores sociais deteremos a tendencia á alza desta pandemia.
 
Manifestamos que a violencia viaria é un grave problema e a súa solución ten que ser prioritaria para o Estado, sendo responsabilidade de todos os gobernos implementar políticas de prevención multisectorial  en materia de seguridade viaria.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2010
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina