Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 3 de febreiro de 2017

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión


Aprobación sen modificacións

- 2594 (10/PNC-000268)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para que se aprobe o Decreto regulador da cooperación para o desenvolvemento
BOPG n.º 36, do 28.12.2016

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aprobar canto antes un decreto regulador da cooperación para o desenvolvemento que facilite a xestión das axudas por parte das ONGDs."


 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas