Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 22 de febreiro de 2017


 
4.1 353 (10/PNP-000002)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e Toja Suárez, María Dolores
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica de segregar as súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes, así como a venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Esixir a empresa Ferroatlántica o mantemento da actividade productiva e dos postos de traballo na factoría de Cee-Dumbría a través das inversións necesarias para este fin. Traballar con Ferroglobe para conseguir o desenvolvemento dun Plan de modernización das súas fábricas en Galicia que conte co máximo respaldo social e sindical.
 
2. Velar polo mantemento das condicións establecidas nos documentos concesionarios vixentes das centrais hidroeléctricas con aproveitamento nos ríos Xallas e Grande, e moi especialmente as seguintes:
 
a) Non poderán segregarse de Ferroatlántica SA as actividades de ferroaliaxe e de produción de enerxía eléctrica polas centrais.
 
b) A perda por parte de Ferroatlántica SA da súa condición de titular dos aproveitamentos sinalados ante calquera acredor, mesmo pignoraticio, será causa de extinción destes nos termos establecidos nos documentos concesionarios.
 
3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos".
 
4.2 1846 (10/PNP-000178)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 8 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego, coa participación do Consello de Acción Exterior de Galicia, dun informe respecto do posible impacto do "Brexit" na economía galega e nos seus sectores produtivos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que elabore, coa participación do Consello de Acción Exterior de Galicia e do Consello Económico e Social, un informe sobre os posibles impactos do ‘Brexit’ na economía galega e nos seus sectores produtivos. A Xunta dará conta ao Parlamento do desenvolvemento deste informe, en todo caso, antes do remate do ano 2017”.
 
4.3 2506 (10/PNP-000233)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a consolidar o recurso das casas niño
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a consolidar o recurso das casas niño para que, no ano 2020, todos os concellos de Galicia teñan recursos de conciliación” .
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas