saltar ao contido

Acordo da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 3 de marzo de 2017

A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 3 de marzo de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 674 (10/PNC-000042)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da aprobación dunha norma regulamentaria que desenvolva o artigo 72 do Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais para determinar os parámetros para considerar unha vivenda como desocupada
BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que reitere ante o Goberno de España a solicitude, xa realizada polo IGVS ante o Ministerio de Fomento, de regular o conceito de vivenda baleira, para a aprobación dunha norma regulamentaria que desenvolva o art. 72 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais para determinar os parámetros para considerar una vivenda desocupada."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina