Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de marzo de 2017


 
 
4.3 2514 (10/PNP-000237)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 14 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Consello Galego de Pesca para a elaboración dun informe bianual destinado a mellorar a competitividade e sustentabilidade do sector pesqueiro
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que promova  a elaboración dun informe de carácter anual sobre o sector pesqueiro galego por parte do Consello Galego de Pesca no que plasmar as inquedanzas e problemas, así como tamén obxectivos e liñas de actuación a curto, medio e longo prazo, co senso de mellorar a competitividade e sostibilidade do noso sector pesqueiro.
 
Este informe debe propoñer as reformas que considere precisas na regulamentación, pesqueira, marisqueira  e acuícola, co fin de mellorar a competitividade e a sostibilidade do sector e debe ser remitido ao Parlamento de Galicia e efectos da celebración dunha sesión informativa sobre el no seo da Comisión 8ª, de acordo co establecido no artigo 143 do Regulamento do Parlamento”.
 
4.6 5105 (10/PNP-000425)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para darlle continuidade á autovía da Costa da Morte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a darlle continuidade a Autovía da Costa da Morte, comezando por unha primeira fase que conecte Baio e a AC-432, analizando a viabilidade de incorporar un enlace co polígono industrial de Vimianzo, en dirección a Camariñas, avanzando este mesmo ano nos trámites necesarios para a redacción do proxecto construtivo e dispoñendo as anualidades necesarias nos Orzamentos da Xunta para que esta infraestrutura sexa unha realidade na presente lexislatura”. 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas