Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 4 de abril de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 4 de abril de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de marzo de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Ditame da Comisión do Estatuto dos Deputados, do  21 de marzo de 2017, sobre as declaracións de actividades das deputadas e dos deputados da X Lexislatura
 
Punto 2. Comparecencia

 
 1138 (10/CPP-000009)
 Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 7053 (10/MOC-000023)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de saúde mental. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 5106, publicada no BOPG nº 71, do 22.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.03.2017)
 
3.2 7054 (10/MOC-000024)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa distribución da renda salarial. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 2374, publicada no BOPG nº 36, do 28.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 21.03.2017)
 
3.3 7065 (10/MOC-000025)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación económica e social da mocidade, e as demandas que debe realizar ao Goberno central en materia laboral. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 1215, publicada no BOPG nº 18, do 23.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 21.03.2017)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 4369 (10/PNP-000360)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dos mecanismos necesarios para consensuar coas forzas políticas a posición que vai defender Galicia na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado en relación co Pacto de Estado social e político pola educación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 62, do 08.02.2017
 
4.2 5148 (10/PNP-000432)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para frear a praga da avespiña do castiñeiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
 
4.3 5234 (10/PNP-000439)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia, xunto coa Fegamp, da creación de cemiterios de carácter supramunicipal que poidan atender a demanda de enterramentos conforme os requisitos das confesións minoritarias con maior arraigamento en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
 
4.4 5350 (10/PNP-000449)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co actual sistema de concesión e a normativa reguladora de bolsas e axudas ao estudo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
4.5 6206 (10/PNP-000536)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento para o desenvolvemento pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico, S. L. de novos procesos de venda de parcelas con prezos bonificados que fagan máis competitivo o polígono industrial de Vimianzo e de iniciativas para a súa promoción, así como o inicio dos trámites para acadar a transferencia a Xestur de todas as ofertas de solo industrial en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
4.6 6345 (10/PNP-000554)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 6 máis
 Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun programa de conmemoración do 30º aniversario da declaración pola Unión Europea do Camiño de Santiago como Primeiro itinerario cultural europeo no que se recollan actuacións de recoñecemento dos demais itinerarios europeos do Consello de Europa dos que participa Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
4.7 6483 (10/PNP-000572)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre o impulso polo Goberno galego dun plan integral de actuacións para mellorar a calidade de vida e minimizar o impacto das diversas infraestruturas de comunicación na parroquia de Chapela, no concello de Redondela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
4.8 6702 (10/PNP-000590)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Fomento dos investimentos precisos para garantir un servizo ferroviario de ancho métrico (Renfe-Feve) en Galicia nas mellores condicións posibles, así como a transferencia á Xunta de Galicia das competencias na materia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 1048 (10/INT-000032)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas reválidas de segundo de bacharelato establecidas na LOMCE
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
5.2 6362 (10/INT-000259)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a inmatriculación no rexistro da propiedade de bens inmobles da Igrexa católica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 84, do 16.03.2017
 
5.3 6747 (10/INT-000275)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co servizo de transporte sanitario terrestre
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 88, do 23.03.2017

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 7111 (10/POPX-000025)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a dispoñibilidade polo Goberno galego dalgún plan para frear o deterioro socioeconómico do rural
 
6.2 7127 (10/POPX-000026)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a garantía polo Goberno galego do uso de todos os recursos que ten para atallar os problemas de Galicia
 
6.3 7128 (10/POPX-000027)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as zonas grises que hai no financiamento da Xunta de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno

 
 
7.1 7110 (10/PUP-000070)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da demanda ao Goberno central do mantemento dos rexistros da propiedade suprimidos en Galicia polo Real Decreto 195/2017, do 3 de marzo
 
7.2 5839 (10/POP-000765)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do mantemento do uso sociosanitario dos terreos da antiga Residencia de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
7.3 7126 (10/PUP-000071)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
 Sobre a posición defendida por Galicia na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado respecto da necesidade dun pacto de Estado social e político pola educación
 
7.4 7135 (10/PUP-000072)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego diante da contradición evidente entre os novos criterios de financiamento do ensino concertado e o plan de educación en igualdade da Xunta de Galicia
 
7.5 2910 (10/POP-000308)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da construción urxente dun novo centro de saúde na antiga Comandancia de Mariña de Vilagarcía de Arousa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
7.6 6529 (10/POP-000846)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da implementación de medidas de mellora para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
7.7 6647 (10/POP-000860)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 7 máis
 Sobre o número de familias que se beneficiaron do Plan de axudas á natalidade dende a súa posta en marcha
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
7.8 6678 (10/POP-000865)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da continuación coa concesión de subvencións a asociacións de apoio á muller embarazada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
7.9 7100 (10/PUP-000069)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis
 Sobre as medidas concretas adoptadas ou previstas pola Xunta de Galicia para defender as terras agrarias e os postos de traballo afectados polos proxectos de extracción de seixo promovidos por Erimsa nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes
 
7.10 5242 (10/POP-000675)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
 Sobre a evolución, por segmento de frota, das descargas e vendas nos últimos anos no caladoiro nacional Cantábrico noroeste
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Asinado dixitalmente por:
Miguel Ángel Santalices Vieira, Presidente na data 28/03/2017 14:8:10
 

Imaxes relacionadas