saltar ao contido

Acordos da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 19 de abril de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 6600 (10/PNC-000667)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a adopción pola Xunta de Galicia das medidas oportunas para a posta en marcha, no primeiro semestre de 2017, dun procedemento de consulta pública previa á redacción polo Executivo dos proxectos de regulamentos e anteproxectos de lei que teñan un impacto significativo na actividade económica ou que impoñan obrigas relevantes para os seus destinatarios
BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas oportunas para poñer en marcha, baixo instrumentos e criterios homoxéneos, no primeiro semestre de 2017, un procedemento de consulta pública previa na elaboración polo executivo de normativa, co obxecto de fomentar a participación da cidadanía e das organizacións e asociacións con carácter previo á redacción dos proxectos de regulamento e anteproxectos de lei que teñan impacto significativo na actividade económica ou impoñan obrigas relevantes para os seus destinatarios."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 5992 (10/PNC-000588)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre o arranxo polo Goberno galego, de xeito definitivo no primeiro trimestre de 2017, dos problemas existentes nos órganos xudiciais de Galicia coas aplicacións informáticas nas videoconferencias e no sistema de gravación de xuízos
BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solucionar, neste primeiro semestre de 2017, os problemas coas aplicacións informáticas nas videoconferencias e no sistema de grabación de xuízos que están a ocorrer en Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina