Santiago, 20 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta tarde ao secretario xeral de Kontseilua (consello de organismos do éuscaro), Paul Bilbao, e ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, que lle fixeron entrega do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos.
Tamén participou no encontro Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, entidade que convidou a Paul Bilbao a a efectuar esta visita a Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.