saltar ao contido

Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 28 de abril de 2017

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 28 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 6778 (10/PNC-000687)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de flexibilizar a normativa europea de control de frotas no exterior, no referido á dobre sanción que poden padecer os buques europeos no caso de cometeren infraccións no desenvolvemento da súa actividade pesqueira
BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dirixirse á Secretaría General de Pesca do Goberno Central para que demande ante as instancias europeas a flexibilización da norma de control de flotas no exterior, de maneira que nos trílogos se reconsideren e se corrixa a dobre sanción que poden padecer os buques europeos en caso de cometer faltas na súa actividade pesqueira."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 6059 (10/PNC-000599)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre a continuación do Goberno galego coa elaboración periódica de información socioeconómica do sector pesqueiro, en concreto, das táboas input-output da pesca galega e das enquisas Ocupesca, co fin de achegala aos marcos decisorios europeos e estatal para a adopción de decisións máis xustas e equilibradas na materia
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
 
A continuar coa elaboración periódica de información socioeconómica do sector pesqueiro concretamente das táboas Input-Output da pesca galega e das enquisas Ocupesca, ferramentas sumamente válidas, de cara a achegalas aos marcos decisorios europeos e estatal e que permitan tomar decisións máis xustas e equilibradas en materia de política pesqueira.
 
O resultado das enquisas Ocupesca será remitido ao Parlamento de Galicia para o seu traslado á Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, co obxecto da súa análise e posteriores conclusións."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina