Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 9 de maio de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 9 de maio de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de maio de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate do ditame e das propostas de resolución aprobados na Comisión permanente non lexislativa para as relación co Consello de Contas, en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria de actividades de 2015 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2014)   (doc. núm. 52085, 09/ICON-000006).
 Publicación do ditame, BOPG n.º 108, do 2.05.2017
 
Punto 2. Textos lexislativos
 
2.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. de En Marea, para remitir ao Congreso dos Deputados, de modificación da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución e violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura (doc. núm. 5850, 10/PPLC-000003)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
2.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 2.ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia e, se é o caso, fixación do número de membros da Cámara encargados da súa defensa e posterior designación (doc. núm. 3669, 10/PPLC-000002)
 
Punto 3. Comparecencia
 
 8427 (10/CPP-000019)
 Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para informar sobre o previsible impacto do Brexit para o sector pesqueiro galego, as posibilidades que se abren ante esta nova conxuntura e as accións desenvolvidas con respecto a este asunto
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 8469 (10/MOC-000028)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas subvencións e axudas destinadas ás entidades locais. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 6212, publicada no BOPG n.º 84, do 16.03.2017, e debatida na sesión plenaria do 25.04.2017)
 
4.2 8470 (10/MOC-000029)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de transparencia e bo goberno. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3907, publicada no BOPG n.º 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 25.04.2017)
 
4.3 8486 (10/MOC-000030)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para recuperar o emprego no sector da automoción e dos seus compoñentes. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 4107, publicada no BOPG n.º 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 25.04.2017)

Punto 5. Proposicións non de lei

 
5.1 2469 (10/PNP-000229)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Fomento para reducir as peaxes na AP-9 e evitar a suba anual acumulativa de peaxes dun 1 % durante vinte anos a partir de 2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
5.2 5002 (10/PNP-000420)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coas familias monoparentais e monomarentais con dous fillos a cargo menores de 18 anos ou maiores con algún tipo de discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017

5.3 6824 (10/PNP-000604)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre a creación polo Goberno galego do Consello Asesor do Libro, previsto na Lei do libro e a lectura de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
5.4 7051 (10/PNP-000628)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 11 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Facenda en relación coa imputación para efectos fiscais das subvencións percibidas por incorporación de agricultores mozos a actividades económicas no rural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
5.5 7487 (10/PNP-000678)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre o inicio pola Xunta de Galicia dos trámites necesarios para a declaración da arte rupestre galega como Patrimonio da Humanidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
5.6 7707 (10/PNP-000703)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación cos recortes que presenta o Proxecto de lei de orzamentos do Estado para 2017 no referido aos investimentos en Galicia, así como en materia social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
5.7 7796 (10/PNP-000715)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impulso do uso de gas natural licuado no transporte marítimo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
5.8 7941 (10/PNP-000729)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co proxecto de dragaxe ambiental da ría do Burgo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 2459 (10/INT-000094)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca
 Sobre a valoración do Goberno galego en relación cos datos sobre a pobreza infantil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
6.2 5481 (10/INT-000215)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego para promover o uso da lingua galega entre a mocidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
6.3 8077 (10/INT-000341)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación cos incendios forestais e a súa desestacionalización
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 8466 (10/POPX-000031)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación social e política de Galicia
 
7.2 8485 (10/POPX-000032)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación do Goberno galego respecto dos datos da enquisa de poboación activa referidos ao comportamento do mercado laboral en Galicia, coñecidos recentemente
 
7.3 8488 (10/POPX-000033)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia diante da redución do número de persoas galego falantes e da situación na que se atopa a lingua galega
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno

8.1 8467 (10/PUP-000078)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a posición do Goberno galego respecto do actual marco legal e o sistema de financiamento local
 
8.2 7661 (10/POP-000993)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 7 máis
 Sobre as actuacións que se están a levar a cabo para a posta e marcha do Observatorio de Ríos anunciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
 
8.3 8484 (10/PUP-000079)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia, incluídas as financeiras, para converter nun vial urbano o tramo de entrada/saída da AP-9 na cidade de Vigo
 
8.4 7430 (10/POP-000969)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación co desenvolvemento dun plan de apoio específico para o sector téxtil no concello de Ordes e a súa comarca
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
 
8.5 7867 (10/POP-001025)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da autorización da venda das centrais hidroeléctricas do río Xallas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
 
8.6 3676 (10/POP-000435)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da realización antes do ano 2018 dun balance da evolución do Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2012-2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
8.7 8487 (10/PUP-000080)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre os mecanismos que vai habilitar a Xunta de Galicia para evitar a situación límite na que se atopan o Centro Galego de Arte Contemporáneo, o Centro Coreográfico Galego, o Centro Galego de Artes da Imaxe ou o Centro Dramático Galego, a consecuencia dos recortes levados a cabo no seu financiamento
 
8.8 8032 (10/POP-001041)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Moreira Ferro, Jacobo e 9 máis
 Sobre a valoración da Consellería de Sanidade en relación co proceso de recollida de achegas e suxestións para a elaboración do Plan funcional e do Plan de espazos do Proxecto Gran Montecelo, en Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106, do 27.04.2017
 
8.9 7420 (10/POP-000968)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 6 máis
 Sobre a situación actual dos recursos e a calidade asistencial dos centros de Política Social da provincia da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 

Imaxes relacionadas