Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de maio de 2017

 
8486 (10/MOC-000030)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco, e Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para  recuperar o emprego no sector da automoción e dos seus compoñentes.
(Moción a consecuencia da Interpelación nº 4107,  publicada no BOPG nº 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión  plenaria do 25.04.2017)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as seguintes medidas:
 
1. Desenvolver, en colaboración coas universidades galegas, cursos de formación para titulados superiores, específicos nas tecnoloxías máis avanzadas para o desenvolvemento de novos produtos de alto valor engadido, e en concreto nos seguintes ámbitos:
 
• Condución autónoma.
 
• Novos materiais.
 
• Produtos e sistemas para a mellora do confort no
automóbil.
 
• Tecnoloxías e procesos para a implantación das fábricas avanzadas e 4.0.
 
2. Desenvolver cursos de formación continua e de formación profesional no ámbito do traballo con robots (Co-Robots) e nas operacións de programación, axuste, mantemento e seguimento operativo.

3. Axilizar os traballos e xestións necesarias con outras administracións para a implementación urxente da ‘Autopista Marítima do Atlántico’, verdadeira porta de saída cara a Europa da produción das industrias do automóbil e de moitas outras industrias.
 
4. No mesmo xeito, desenvolver o proxecto de transporte por ferrocarril que enlace portos, portos secos e zonas industriais de Galicia coa rede europea de transporte.»
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas